TEMA 2 : A EXCRECIÓN

A excreción. Como eliminamos os refugallos?

As células xeran moitos refugallos na produción de enerxía. O noso organismo elimina os refugallos de distintas formas:
  • O dióxido de carbono elimínase no aparato respiratorio a través dos alvéolos pulmonares.
  • resto dos refugallos elimínase no aparato excretor. Este aparato está formado polo sistema urinario e as glándulas sudoríparas.

O sistema urinario

 


sistema urinario está formado polos riles, os uréteres, a vexiga urinaria e a uretra.

A formación de urina


O sangue recolle os refugallos que producen as células e lévaos ata os riles. No interior destes órganos o sangue fíltrase e sae limpo.
Os refugallos filtrados nos riles mestúranse con auga e forman a urina. Esta sae dos riles polos uréteres e vaise acumulando na vexiga. Cando a vexiga está chea, a urina expúlsase ao exterior a través da uretra.

As glándulas sudoríparas




suor está composta por auga e substancias de refugallo, e prodúcese nas glándulas sudoríparas da nosa pel.

As funcións das glándulas sudoríparas son:

  • Filtrar o sangue. Recollen substancias de refugallo das células e auga e expúlsanas ao exterior en forma de suor.
  • Controlar a temperatura corporal. Cando vai moita calor, suamos.
    Isto fai que o noso corpo se refresque.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS