TEMA 2 : A CIRCULACIÓN

  • A circulación: a viaxe das substancias

As células necesitan máis enerxía ao facer exercicio. Entón o corazón traballa máis rápido, pois o aparato circulatorio é o encargado de levar ás células o osíxeno e os nutrientes que necesitan.


O aparato circulatorio é un sistema cerrado de vasos sanguíneos comunicados entre si polo que circula o sangue. O corazón impulsa o sangue para que este percorra o sistema circulatorio.

Os vasos sanguíneos







No noso organismo hai tres tipos de vasos sanguíneos:
  • Veas. Son vasos polos que circula o sangue que vai cara ao corazón.
  • Arterias. Son vasos polos que circula o sangue que sae do corazón.
  • Capilares. Son vasos moi finos que comunican as arterias e as veas. Permiten o intercambio de substancias e gases coas células.

O sangue


O sangue está formado por plasma sanguíneo e células sanguíneas.
  • plasma é un líquido no que flotan as células sanguíneas. Ademais, leva nutrientes e substancias de refugallo.
  • As células sanguíneas son de distintos tipos:
       Glóbulos vermellos :Transportan o osíxeno e o dióxido de carbono.
      Plaquetas :Cerran as feridas para que o sangue non saia.
  Glóbulos brancos :Defenden o organismo fronte a microorganismos e virus.



O corazón

O corazón é un órgano musculoso formado por catro cavidades: dúas aurículas e dous ventrículos. As aurículas comunícanse cos ventrículos mediante as válvulas.


Este órgano contráese e dilátase para impulsar o sangue a todo o organismo. Faino mediante os latexos. O latexo ten dúas fases:
  • Sístole. O corazón contráese e envía o sangue ás arterias.
  • Diástole. O corazón reláxase e o sangue entra no seu interior.


O percorrido do sangue











Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS