Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

RETO : RECEITAS DE SAMAÍN

Imagen
Esta semana estivemos dedicando a nosa hora de ler os CONTOS DE MEDO.Que mellor maneira de rematar esta semana que facendo un receita destas datas. Teredes que escribir unha  RECEITA DE SAMAÍN , pode ser doce ou salgada.Estaría xenial que a fixerades. Se algún  anímase pode ademais gravala en vídeo . Tedes unhas  imáxenes de propostas, pero de seguro que me sorprendedes coma sempre. Á N I MO , cociñeiros!!! Podedes enviar os vosos vídeos ao meu correo.

CONTOS PARA O SAMAÍN

Imagen
A MIÑA AMIGA A OSCURIDADE de Ella Burfoot. Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como a amiga das nenas e nenos. O libro está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan.

CONTOS PARA O SAMAÍN

Imagen
CORRE, CORRE CABACIÑA  Esta semana celebramos no cole a semana de CONTOS DE MEDO na hora de ler seguindo a  proposta da biblioteca. Comenzamos con este conto de Eva Mejuto e André Letria.  Corre corre, cabaciña  é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.   CANCIÓN: CORRE,CORRE CABACIÑA