Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

NADAL en 4ºB

Imagen
Como xa sabedes, os alumnos de cuarto tiñamos que adornar os corredores con centros de Nadal, aquí tedes como quedou de chula a exposición. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración. Ademais o alumnado  decorou os corredores das aulas con bolas e farolillos . E para rematar, participamos no festival de Nadal cunha canción que cantamos e bailamos, o tambolileiro. A verdade é que traballaron un montón. NORABOA . Aproveito para desexarvos a tod@s un FELIZ NADAL.

RADIOALTAMIRA

Imagen
O luns os alumnos de 4ºB participamos en Radio Altamira. Nesta ocasión foron: Claudia, Borja, Diego, Eloy ,Pedro e Anxo F., os encargardos de ler un anaquiño dunha obra de teatro que estivéramos traballando na clase de lengua. Fixéronno xenial. 4ºB  Radio Altamira

SAÍDA CULTURAL A VIGO

Imagen
O Venres día 5 de Decembro, o alumnado de cuarto nivel  acudiu ao teatro.A obra "Antía, Wamba e o regato pequeno" representado pola compañía A tropa de Trapo.  O argumento era o seguinte :  Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias. Antes de acudir ao teatro fumos a Alameda onde  tomamos almorzamos e xogamos . Pasámolo xenial.