TEMA 2: LA NUTRICIÓN
O PROCESO DIXESTIVO
- CATRO APARATOS QUE TRABALLAN XUNTOS
Na función de nutrición interveñen catro aparatos que traballan de forma coordinada. Son o aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor.
No proceso dixestivo distinguimos as seguintes fases: dixestión, absorción e saída dos refugallos.
- A dixestión é o conxunto de cambios que sofren os alimentos ao longo do aparato dixestivo. O obxectivo de todos estes cambios é transformar os alimentos en nutrientes.
- A absorción é o paso dos nutrientes ao sangue.
A DIXESTIÓN
A dixestión comeza na boca. Nela os dentes trituran os alimentos e a lingua mestúraos coa saliva que procede das glándulas salivares. Esta mestura recibe o nome de bolo alimentario. Despois, o bolo baixa pola farinxe e o esófago e chega ao estómago.
O estómago segrega unhas substancias chamadas zumes gástricos, que se mesturan co bolo alimentario e forman unha especie de pasta, chamada quimo.
O quimo chega ao intestino delgado e mestúrase con outros zumes que proceden do páncreas, do fígado e do propio intestino delgado. Desta forma, o quimo transfórmase en quilo. O quilo é unha especie de pasta que contén os nutrientes dos alimentos e os restos que o noso corpo non necesita.
Comentarios
Publicar un comentario