23 DE ABRIL ,DÍA DEL LIBRO


O día 24 de abril o alumnado do Cep Altamira participou na actividade do Apadriñamento lector proposta pola Biblioteca.A nosa aula apadriñou a aula de 2º A e 6 alumnos de 2º B  na actividade de lectura compartida.

Os padriños /madriñas escolleron  un libro da biblioteca durante a semana ou tamén podían traelo da casa  tendo en conta a idade dos seus afillados/as   , acudimos as aulas para coñecer os nosos afillados e   fomos a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades,favorecer o saber escoitar,Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...

Para esta ocasión realizamos uns marcapáxinas como agasallo para os nosos afillados.

O  OBRADOIRO de gaitas e panderetas a cargo do alumnado de sexto nivel dirixido polo profe  Paco ofreceunos unha peza musical . A continuación o Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez Ares  presentado pola Directora do centro  foi o encargado de abrir o acto coa lectura dun fragmento do libro ''Cada cadro co seu conto ''.Seguidamente comenzou o apadriñamento .Para finalizar cantamos a canción ''Somos os piratas limpos '' do grupo Migallas coa participación do Voluntariado de Biblioteca e dirección da profe  de música Paula.
























Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS