CONCERTO DO GRUPO MAIMIÑAS

Hoxe, para celebrar o Día da concienciación do paro cardíaco, o alumnado do Cep Altamira asistió a un concerto do grupo MAIMIÑAS no Auditorio de Salceda.O obxectivo principal  de “AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS” é sensibilizar, tanto aos cativos e á cidadanía da importancia de que a poboación en xeral aprenda a realizar as manobras de RCP.

Cuns estribillos moi pegadizos como "Comproba que estea `sopa´, e se hai respiración, chama ao 112, inicia compresión´ As Maimiñas ensiraron os nenos de  Salceda  a reacción ante alguén que sofre un paro cardíaco.Tamén participaron no concerto un grupo de facultativos e enfermeiras do PAC de Porriño.

Parabens as Maimiñas por ensiñarnos dunha maneira tan práctica e divertida a importancia das nosas mans para actuar e poder salvar vidas.Foi un luxo poder asistir a esta iniciativa.


Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS