A REPRODUCIÓN

1. AS ETAPAS DA VIDA E OS CARACTERES SEXUAIS

As características físicas que distinguen os homes e as mulleres chámanse caracteres sexuais. Estas diferenzas fanse  máis ou menos evidentes segundo a etapa da vida na que nos atopemos.

  • As etapas da vida:
Ao longo da nosa vida, as persoas atravesamos tres etapas: a infancia, a adolescencia e a idade adulta.

  • Os caracteres sexuais:
Os caracteres que diferencian os homes e as mulleres poden ser de dous tipos:
a)Caracteres sexuais primarios: son os órganos reprodutores feminino e masculino.No menento do nacemento estes órganos xa están formados e permiten diferenciar se un bebé acabado de nacer é unha nena ou un neno.
b)Caracteres sexuais secundarios: son diferenzas físicas entre os homes e as mulleres que se fan máis evidentes durante a pubertade.Ao longo desta etapas empezan a experimentar unha serie de cambios,como pode sera aparición de peluxe na pube e nas axilas.Ademais, prodúcense cambios específicos en cada sexo:

-Nos rapaces, a voz vólvese máis grave, anchean os ombros, a noz faise máis evidente e no seu rostro comeza a crecer o bigote e a barba.
-Nas rapazas, desenvólvense as mamas e as súas cadeiras van ancheando.

2. OS APARATOS REPRODUTORES:
Chámase aparato reprodutor ó conxunto de órganos do noso corpo que serven para reproducirnos, e dicir, dar a luz a novos seres humanos. Son diferentes dependendo de se son homes ou mulleres.

  • O aparato reprodutor masculino:

aparato reprodutor masculino é o encargado da reprodución masculina. Componse de órganos externos, internos, glándulas e diversos líquidos que favorecen a reprodución. célula sexual masculina é o espermatozoide.


  • O aparato reprodutor feminino:

aparato reprodutor feminino ten como función formar o óvulo (célula sexual feminina) permite o desarrollo do embrión  e o parto.Está formado polos seguintes órganos:ovarios, trompas de falopio, útero ,vaxina e vulva.


 A reprodución




3. AS CÉLULAS SEXUAIS E A FECUNDACIÓN:


A fecundación é unha fase da reprodución sexual na que célula reprodutora masculina (espermatozoide) únese coa feminina (óvulo) para iniciar o desarrollo dun novo ser.


  • As células sexuais:

Os espermatozoides ou gametos masculinos, son as células reprodutoras masculinas. Comenzan a formarse durante a pubertade. Os órgano que os producen chámanse 
testículos.


O óvulo ou gameto feminino é a célula reprodutora feminina. As nenas nacen cun gran número de óvulos inmaduros que maduran durante a pubertade para poder ser fecundados. 

  • A fecundación:

A  partir da fecundación o cigoto comeza a dividirse e pasa a chamarse embriónCando chega ó útero prodúcese a implantación (pégase á parede do útero). A partir de ahí, continúa o seu crecemento.









Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS