AXENTES VERDES

O luns recibimos unha visita moi especial, a profe Belén, que viña a facernos entrega da caixa para ser AXENTES VERDES.Estivemos moi atentos as súas indicacións para ser uns bos axentes verdes.

Durante esta semana, os nen@s de 4ºB, temos que vixiar e asesorar aos compañeiros/as para que todo o lixo se recicle correctamente. Ademais de anotar no caderno de Axentes verdes todas aquelas accións coas que non estamos axudando ao noso planeta: portas abertas, grifos que gotean... posto que estamos a malgastar enerxía.Ao mesmo tempo, podemos anotar no  caderno propostas que se nos ocorran para mellorar a eficiencia enerxética do noso cole.


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS