Os alumnos de 5ºB acudimos o xoves 19, á Biblioteca do noso cole para asistir a unha charla de Formación de Usuarios.Recordamos cales eran as normas, para que serven as cores, como buscar e colocar os libros,como facer o préstamo e por último entregáronnos a Mochila Viaxeira da nosa aula. Este ano a Biblioteca ten un proxecto anual que leva por título: Sabidiña, que arte! Ao rematar ,Anabel, profe do Equipo de biblioteca entregounos unha peza dun cadro que temos que compoñer entre todas as aulas do tercer ciclo.