ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día da muller, 8 de marzo, cada aula elixiu unha muller galega .A nosa aula elixiu a ROSALÍA DE CASTRO , poetisa e escritora galega.



Como cada ano , o día  24 de febreiro , conmemórase o día do nacemento de Rosalía. Este ano a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  con motivo da celebracíón do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO elexiu o lema "ERRANTES POLO MUNDO" para destacar a denuncia que Rosalía fixo na súa obra da emigración, transmitindo a rabia, a dor e o desarraigo de todos aqueles que tiveron que marchar da súa terra buscando o pan e a liberdade; tema que por desgraza segue hoxe tan de actualidade no mundo.

Un dos  dos seus poemas máis significativos e ao mesmo tempo máis asequibles a todos os nenos e nenas pola súa sinxeleza  semántica e sintáctica e que tan ben transmite ese sentimento de dor pola marcha, o abandono de todo canto se quere e o temor á soidade nunha terra estraña: "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES"





Adios Rios, Adios Fontes - Rosalia de Castro / Amancio Prada


A profe de música ,Raquel , está ensaiando un poema de Rosalía de Castro:  “EU BEN VIN ESTAR Ó MOUCHO”, CANTARES GALLEGOS (1863) .No enlace tedes  o  poema e a música interpretada polo grupo Migallas.Tamén está colgado na páxina web do centro.Para que poidan practicar estes días.

Na nosa aula aproveitaremos  a figura desta autora galega ,para traballar o día da Poesía e preparar o noso programa de radio Petela , investigando a súa vida e obra.


Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS