TRABALLANDO O NOSO LIBRO DE LECTURA



Os alumn@s de 6º B  lemos o libro  ´´PALABRAS DE CARAMELO´´ de Gonzalo Moure, proposto dentro do itinerario lector. Mais quixemos coñecer máis sobre o mundo do seu protagonista KORI, un neno sordomudo que vive nun campamento de refuxiados no deserto do Sáhara e que quere aprender a ler.


Tivemos a sorte de que a profe Eva de 2º B  nos puxera en contacto con Verónica .Así que o venres 22 de marzo Verónica visitou a nosa aula e contounos un montón de cousas sobre a LINGUA de SIGNOS.Descubrimos  a importancia deste sistema de comunicación,o seu uso nos distintos paises, o seu alfabeto,  a presentarnos,  palabras, expresións... 

Foi unha experiencia moi interesante e enriquecedora xa que con estas vivencias tamén podemos aprender a valorar e compartir .


 















Grazas Verónica por ensinarnos cousas tan interesantes e adicarnos o teu tempo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS