TEMA 3: OS INICIOS DA IDADE CONTEMPORÁNEA - 1ª PARTE

A Idade Contemporánea comezou coa Revolución Industrial e a Revolución Francesa. 




  • FONTES HISTORICAS

O traballo do historiador consiste en recompilar testemuños do pasado para poder localizalos no tempo e interpretalos. Eses materiais son as fontes históricas.Podemos agrupalas en tres grandes tipos

  • As fontes escritas son o principal recurso dos historiadores. A aparición da escritura marca o final da Prehistoria e o comezo da Historia.
  • Os historiadores tamén estudan os obxectos. Son as fontes materiais, como a cerámica, as ferramentas, os ósos... que os arqueólogosextraen das escavacións.
  • Para as etapas máis recentes da Historia tamén se utilizan fontes gráficas, como cadros, películas, esculturas e fotografías.

  • MEDIDAS DOS TEMPO HISTÓRICO

Para comprender mellor a Historia, ordenamos os feitos no tempo.
O tempo agrúpase en unidades de medida. Ademais dos anos, os lustros (cinco anos) e as décadas (dez anos), empréganse medidas máis amplas, como os séculos (cen anos) e os milenios (mil anos).
Na nosa cultura, organizamos as datas a partir do nacemento de Cristo, feito que contamos como ano 1. Se os feitos ocorreron antes, escribimos as letras a. C. e contamos de forma descendente ata chegar ao un. Se son posteriores, engadimos d. C. e contamos de maneira ascendente.

  • ETAPAS DA HISTORIA





  • AS REVOLUCIÓNS DO SÉCULO XVIII
A Revolución Industrial comezou coa aparición da máquina de vapor: queimando carbón quentábanse enormes caldeiras de auga, cuxo vapor se usaba para obter enerxía de movemento. De tal xeito, a máquina puido aplicarse tanto nas fábricas téxtiles, para mover enormes teares, coma nos trens barcos de vapor.

En 1789 estalou a Revolución Francesa. O pobo levantouse contra as inxustizas do absolutismo e organizouse un goberno baseado en ideas ilustradas como a igualdade de dereitos políticos e a liberdade. Estas ideas defendéronse en dous textos: a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, e unha Constitución que establecía o funcionamento dun Goberno democrático.

Para comprender mellor estes sucesos históricos:








  • A sociedade de clases
Tras as revolucións, o século XIX trouxo novos cambios. Un deles foi a aparición das clases sociais. A nova sociedade pasou a dividirse segundo o diñeiro que posuía cada individuo: as clases altas, como os grandes burgueses, eran ricas; as clases baixas, como os obreiros, eran pobres. Entre ambos os grupos existían clases medias. 

Tamén melloraron as condicións de vida. Grazas aos avances técnicos, a agricultura empezou a producir máis alimentos. Ademais, as novas medidas hixiénicas e os avances médicos, como as vacinas, evitaron miles de mortes.


No século XIX loitouse, tamén, por ampliar os dereitos dos cidadáns. Algúns europeos esixironsufraxio, é dicir, o dereito a elixir os seus representantes. 
Pola súa banda, os obreiros das fábricas, que recibían o nome de proletariado, asociáronse para esixir unhas condicións laborais e de vida dignas e protagonizaron folgas e protestas. Esta loita coñeceuse como movemento obreiro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS