TEMA 3:EUROPA .RELEVO LITORAL - RÍOS E LAGOS

A COSTA E OS ARQUIPÉLAGOS EUROPEOS


Os ríos europeos desembocan en varios mares e océanos. Existen cinco vertentes hidrográficas no continente:ártica, do mar Caspio, do Mar Negro, atlántica e mediterránea. 
As vertentes ártica, do mar Caspio e  do mar Negro. Teñen ríos longos e caudalosos que atravesan grandes chairas. Son navegables no verán, pero no inverno moitos deles conxélanse.
Destacan o río Pechora, o Volga e o Danubio, respectivamente.
Vertente atlántica. Inclúe os ríos máis caudalosos do continente por atravesar zonas con abundantes chuvias. Son ríos longos que discorren por extensas chairas e, polo xeral, navegables. Adoitan orixinar estuarios nas súas desembocaduras. 
Os máis importantes son os ríos RinElbaLoiraTexo Vístula.
Vertente mediterránea. Inclúe ríos curtos e irregulares, xa que, aínda que son caudalosos no inverno, diminúen o seu caudal no verán. Nacen en terreos altos e con fortes pendentes. 
Destacan os ríos EbroRódano Po.


Os principais lagos europeos sitúanse no norte, na área alpina e na área mediterránea.

  • Lagos setentrionais. 
Son de orixe glaciaria. Atópanse fundamentalmente en Finlandia e Rusia, onde destacan o Ladoga, o Onega, o Saimaa e o Peipus.
  • Lagos alpinos. 
Atópanse ao longo da cordilleira dos Alpes, como sucede cos lagos suízos. En Hungría tamén destaca o Balaton, e en Italia, o lago de Garda.
  • Lagos mediterráneos.
Son de menor tamaño. En España destaca a Albufeira de Valencia; en Francia, os lagos do Roselló, e entre Albania e Montenegro, o lago Skadar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS