España é un Estado democrático, e os dereitos dos seus cidadáns recóllense nun texto chamado Constitución.
A Constitución foi aprobada polos españois o 6 de decembro de 1978, de aí que cada ano celebremos nesa data unha festa en todo o territorio. A Constitución é a nosa lei fundamental e explica como se organiza España e que dereitos teñen os españois.
A organización territorial
A Constitución establece que os territorios que forman España se organizan en divisións administrativas que comparten co Estado o goberno deses territorios.
Os municipios
- Son a unidade administrativa máis pequena.
- Ocúpanse de servizos básicos para os veciños dunha localidade, como a recollida do lixo.
- O seu órgano de goberno é o concello. O alcalde e os concelleiros son elixidos en eleccións municipais.
As provincias
- Xorden da unión de varios municipios veciños.
- O seu órgano de goberno é a deputación provincial, elixida polos cidadáns.
- En España hai 50 provincias.
As comunidades autónomas
- Son entidades territoriais formadas por unha ou varias provincias.
- Cada comunidade ten un goberno, un parlamento e un tribunal de xustiza propios. Os seus representantes son elixidos nas eleccións autonómicas.
- Teñen símbolos propios, como unha bandeira.
- Existen 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas, Ceuta e Melilla.

Segundo a nosa Constitución o poder do Estado reside no pobo español, é dicir, son os cidadáns e cidadás maiores de 18 anos os que elixen o seu goberno. Por iso os poderes do Estado deben servir aos seus cidadáns.
Nun Estado democrático existen tres poderes separados con diferentes funcións.
Comentarios
Publicar un comentario