RECIBIMOS A LEDICIA COSTAS

O venres foi un día moi especial por dous motivos.O primeiro, o noso compañeiro Brayan recibiu o trofeo de gañador do I CAMPIONATO DE XADREZ  de 6º nivel que organizara a biblioteca do noso cole.


Brayan cos gañadores de 4º e 5º


E o segundo, foi que  recibimos a visita da escritora LEDICIA COSTAS despois de ler na aula o seu libro :Esmeraldina, a pequena defunta coas ilustracións de Victor Rivas.

Días antes tivemos a sorte de que o papá de Bruno nos adicara un tempo moi especial a ensinarnos como facer letras e un taller de de debuxos para utilizar nos nosos traballos sobre o libro de lectura.Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas ademais de quedar abraiados cos seus bocetos e os seus debuxos.





Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 10: EL PREDICADO VERBAL Y SUS COMPLEMENTOS