A AUGA E O RELEVO
Xunto ás rochas da superficie terrestre están os océanos, que moldean as costas continentais.
Ademais, a auga continental tamén causa a modelaxe do relevo. Por exemplo, a auga dos ríos, ao longo do seu curso, erosiona os diferentes tipos de rocha e dá lugar a distintas formas de relevo.
O percorrido dun río componse de varias partes.
- Divisoria de augas. Liña imaxinaria que separa as cuncas de dous ríos.
- Nacemento. Lugar onde se forma o río.
- Curso alto. Parte inicial do curso do río, situada entre montañas. A auga flúe rápido e arrastra as rochas.
- Curso medio. Zona intermedia do río. Os terreos son máis chans, e por esta razón as augas flúen máis amodo.
- Curso baixo. Parte final do curso do río. Este flúe lento, deposita as rochas que arrastrou e forma curvas chamadas meandros.
- Desembocadura. Lugar onde o río verte as súas augas a outro río, a un mar ou a un lago. Alí deposítanse todos os sedimentos restantes.
O relevo e o clima afectan as características dos ríos:
- A lonxitude é a distancia entre o nacemento e a desembocadura.
- O caudal é a cantidade de auga que leva.
- O réxime é a variación de caudal ao longo do ano.
Comentarios
Publicar un comentario