OS SERES VIVOS
OS SERES VIVOS
As plantas, os animais e as persoas son seres vivos.Todos os seres vivos teñen características comúns: nacen doutros seres vivos, crecen é dicir, cambian de tamaño ao longo da súa vida e morren cando termina o seu ciclo da vida .
As funcións que realizan os seres vivos son :
- Nutrición consiste en tomar os alimentos e as substancias para que o organismo funcione.Os alimentosconteñen nutrientes que serven para vivir, e substancias de refugallo que o organismo expulsa.
- Relación consiste en reaccionar ante os cambios que se producen no medio.Os seres vivos captan información mediante os órganos dos sentidos e o sistema nervioso procésaa e elabora unha resposta.
- Reprodución permítelles aos seres vivos ter descendentes da súa mesma especie.
OS VIRUS
Na natureza existen unhas estruturas chamadas virus.Non son seres vivos pero necesitan os seres vivos para sobrevivir.Teñen as seguintes características:
- Son moi pequenos.Non se poden ver a simple vista.
- Son moi sinxelos,ainda que teñen formas diferentes.
- Provocan enfermidades.
A CÉLULA
Todos os seres vivos estamos formados por células. As células non son visibles a simple vista precisamos do microscopio.Realizan as tres funcións vitais :nutrición, relación e reprodución.
PARTES DA CÉLULA
Todas as células teñen tres partes:
- O núcleo:está no interior da célula, rodeado por unha membrana.Organiza o funcionamento celular.
- O citoplasma:é o líquido que rodea o núcleo.Nel atópanse moitos orgánulos, que son as partes da célula encargadas de realizar distintas funcións.
- A membrana: é a envoltura que rodea toda a célula.

Comentarios
Publicar un comentario