Hoxe os alumnos de 4º B, cos demais cuartos, acudimos a Biblioteca do noso cole para recibir a PEPE CARREIRO xa que estivemos lendo e traballando o seu novo libro O AMOR, L´AMOUR, de edicións Moito Conto. Dúas alumnas do Voluntariado de Lectura da nosa biblioteca presentaron ao escritor.
Falounos do libro : a época das personaxes, como vestía a xente, das súas costumes.Despois estivo debuxando diferentes personaxes dos seus libros.Os alumnos fixéronlle preguntas sobre detalles dos libros que querían coñecer ou cousas que lles chamaron a atención. Por último asinou no libro de firmas da biblioteca e nos nosos libros a personaxe que máis nos gustara.
Moitas gracias Pepe Carreiro pola túa visita, gustounos moito !!!
 |
PEPE CARREIRO
|
 |
A PORTADA DO LIBRO REALIZADA POR 4º B
|
 |
Os nosos traballos de 4º B sobre o libro
|
 |
PEPE CARREIRO E O ALUMNADO DE 4º B
|
 |
4º B
|
Comentarios
Publicar un comentario