España é unha monarquía parlamentaria . Isto quere dicir que, ademais dos tres poderes, hai un rei que é o xefe do Estado . O monarca non goberna, pero ten estas funcións: Coidar da unidade do Estado e respectar os seus cidadáns. Mediar entre os tres poderes e defender a Constitución. Representar a España no estranxeiro como xefe do Estad O NOSO REI:FELIPE VI Os Estados teñen símbolos históricos que os identifican e diferencian doutros. Estes son os de España: O escudo está formado polos cinco escudos das coroas e reinos que se uniron e formaron España. A coroa representa a monarquía. ESCUDO . A bandeira está formada por tres franxas horizontais: vermella, amarela e vermella. A amarela é o dobre de ancha ca as vermellas e sostén o escudo. O himno nacional , tamén coñecido como Marcha Granadeira ou Marcha Real , é unha composición musical que carece de letra.